17/3/24

14/3/24

CARTAS DENDE A RÍA

Felices hoxe cando  chegaron novas cartas dende o cole de Sober (Lugo).


3/3/24

PRIMEIRO PREMIO DE CARTEIS POLA IGUALDADE

O alumnado de 1º curso  de Primaria gañou o 1º premio do concurso de carteis escolares e lemas polo 8M, o Día Internacional da Muller, convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Noraboa!

Pinchando na foto podedes ir a nota de prensa da Xunta.

28/2/24

FOTÓGRAFO MARIÑO

         O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de asistir a unha charla con Jorge Hernández  Urcera (biólogo e especialista en fotografía mariña do CSIC). Moitísimas grazas por compartir o teu tempo e coñecemento connosco!   

                 

27/2/24

DÍA DA MULLER

O alumnado de primeiro curso realizou un cartel con diferentes técnicas co lema "Remando cara á igualdade". Este cartel forma parte do traballo relacionado co Día Internacional da Muller.